Vistas de página en total

viernes, 15 de junio de 2012

COÑECE ANTES DE XUZGAR.

Temos unha mala costume: xuzgar as persoas e as cousas pola súa apariencia. As veces vemos a portada dun libro e dicimos: non me gusta!, sin lelo primeiro. Iso mesmo pásanos coas persoas.
Hai que coñecer antes de xuzgar. Este video é unha proba.

Fai clic neste enlace:
http://tito-figueroa.com/nunca-juzgar-antes-de-tiempo-jonathan-and-charlotte/

jueves, 14 de junio de 2012

PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS.

Onte na televisión  apareceu unha boa noticia .Concedíase o premio Principe de Asturias as dúas ONG.
Unha é  a Cruz Vermella , e outra é a Media  Lúa Vermella .Ambalas dúas están presente en 187 países
repartindose unha gran laboura humanitaria: paliar a  hambruna no mundo  é socorrer as necesidades que producese nalgunhas zonas bélicas . 
Hoxe en día cóntase con 100.000 voluntarios repartidos por todo o mundo .
O premio consiste dunha dotación de 50.000 €.
NORABOA!!!!!!!!!!!!



miércoles, 13 de junio de 2012

ESTAMOS A REMATAR A PRIMARIA.



Xa queda moi pouquiño  para rematar a Primaria.
O día 22 temos o festival de final de curso .
Faremos un paso moi importante e cheo de aventuras
onde coñeceremos máis nenos e nenas que teran
tantas ilusións como nós.
Botaremos de menos este colexio, que
sempre o sentiremos como noso.






martes, 5 de junio de 2012

Coidando o Medio Ambiente

Hoxe 5 de Xuño celébrase o día mundial do Medio Ambiente que cumpre, 40 anos.
Nas nosas mans está o futuro do noso fogar: Planeta Terra.
Pero o coidado do noso medio empeza pola nosa casa e se nos concienciamos o extenderemos ao resto do planeta.
Temos que ter conta e levar a cabo estas 10 normas para conservar o medio ambiente :
1º-Disminuir o calentamento global (evitando incendios, sequias, contaminacións, utilizando máis as enerxías renovables, reciclando...para evitar o efecto invernadoiro).
2º-Evitar a contaminación (reducir gases, vertidos , residuos, lixo, usar máis o transporte público e o reciclado).
3º-Impedir a deforestación (no deixando papeis e vidro no campo para evitar incendios ):
4º-Reducir as sequias(non malgastar auga-e mellor unha ducha que o baño).
5º-Actuar contra as extincións de prantas, protexiendo os espacios naturais .
6º-Actuar contra as extincións de animais.
7º-Reciclado, separando plásticos, papeis, vidro e lixo orgánico para loitar contra a contaminación.
8º-Utilizar máis as enerxias renovables (vento, sol e auga);contaminan menos.
9º-Investigar posibles solucións e propostas para colaborar ainda máis co medio ambiente.
10º-Axudar.Todos xuntos podemos colaborar.






martes, 29 de mayo de 2012

A mel en Galicia


Onte asistimos todolos compañeiros e compañeiras a unha ponencia sobre a mel en Galicia.
Beatriz,era a persoa que explicounos cousas moi interesantes sobre o tema.Trouxo material empregado polos apicultores:panal,celda,fumigador,rasqueta,traxe...e todo explicado mediante power point.
Coñecimos os elementos necesarios para a producción da mel ase coma as distincións entre a raiña,os obreiros e os zánganos e as distintas flores que se dan en Galicia.
Tamen aprendimos o proceso da obtención da mel ata que sae ao mercado.
O rematar a sesión agasallounos cun pequeno tarro de mel como mostra e un curioso xogo.Nas fotos que presentamos a continuación, feitas polo noso compañeiro David,mostra a Javi vestido como un verdadeiro apicultor.








viernes, 25 de mayo de 2012

"Campos de Castilla": cumpre 100 anos.

Cúmprense 100 anos da edición do poemario de Antonio Machado, "Campos de Castilla".
Este libro de poemas foi publicado en 1912 pola Residencia de Estudiantes, baixo o seu director: Juan Ramón Jiménez. Esta obra foi un éxito xa que na primeira tirada vendéronse 2.300 exemplares.


Antonio Machado Ruiz (Sevilla, 26 de julio de 1875Colliure, 22 de febrero de 1939) foi un poeta, membro tardío da Xeración do 98 e un dos seus membros máis representativos. A súa obra inicial pertence ao movemento literario chamado Modernismo.

Joan Manuel Serrat cantou moitos poemas deste escritor. Se queredes escoitar o poema "As Moscas" preme aquí.


Un dos poemas que aparece no libro "Campos de Castilla":


Mi infancia son recuerdos de un patio de Sevilla
y un huerto claro donde madura el limonero;
mi juventud, veinte años en tierra de Castilla;
mi historia, algunos casos que recordar no quiero.

Ni un seductor Mañara ni un Bradomín he sido
-ya conocéis mi torpe aliño indumentario-;
mas recibí la flecha que me asignó Cupido
y amé cuanto ellas pueden tener de hospitalario.

Hay en mis venas gotas de sangre jacobina,
pero mi verso brota de manantial sereno;
y, más que un hombre al uso que sabe su doctrina,
soy, en el buen sentido de la palabra, bueno.

Adoro la hermosura, y en la moderna estética
corté las viejas rosas del huerto de Ronsard;
mas no amo los afeites de la actual cosmética
ni soy un ave de esas del nuevo gay-trinar.

Desdeño las romanzas de los tenores huecos
y el coro de los grillos que cantan a la luna.
A distinguir me paro las voces de los ecos,
y escucho solamente, entre las voces, una.

¿Soy clásico o romántico? No sé. Dejar quisiera
mi verso como deja el capitán su espada:
famosa por la mano viril que la blandiera,
no por el docto oficio del forjador preciada.

Converso con el hombre que siempre va conmigo
-quien habla solo espera hablar a Dios un día-;
mi soliloquio es plática con este buen amigo
que me enseñó el secreto de la filantropía.

Y al cabo, nada os debo; debéisme cuanto he escrito.
A mi trabajo acudo, con mi dinero pago
el traje que me cubre y la mansión que habito,
el pan que me alimenta y el lecho en donde yago.

Y cuando llegue el día del último viaje
y esté a partir la nave que nunca ha de tornar,
me encontraréis a bordo ligero de equipaje,
casi desnudo, como los hijos de la mar.

jueves, 24 de mayo de 2012

Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades

O Xaponés  Shigeru Miyamoto, creador das sagas de videoxogos como Mario Bros, The Legend of Zelda y Donkey Kong e impulsor dos proxectos como Brain Training e Wii Fit, foi galardonado este mércores en Oviedo co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades 2012.

Se queres xogar e pasalo ben pincha no enlace:
http://www.juegosjuegos.com/jugar-juego/Super-Mario-63.html

miércoles, 23 de mayo de 2012

Noticia da Voz de Galicia



Hoxe é o aniversario de Robert Moog (1934-2005), inventor y pionero de la música electrónica (sintetizador).

martes, 22 de mayo de 2012

A Senda Da Auga

Saímos do colexio o día 18 de maio, ás 9.30, 4º, 5º e 6º de primaria; xunto cos de 5º e 6º do colexio Laredo. Acompañáronnos tres profesoras do noso cole: Marina, Mar e Chus e doutro cole, catro. Ao saír, o noso primer obstáculo: subir unha pendente de 100 metros. Ao chegar; algúns atopáronse xa cansos e aínda faltábannos 11 quilómetros... uff!
A senda que percorrimos estaba chea de variada vexetación, moitos manantiais e algún amigo inesperado (o can). Dende a nosa senda poidemos contemplar unhas paisaxes incribles (que bela é a nosa ría).
Fixemos durante o camiño fichas de observación e fotos que acompañan a este traballo. 
Durante o traxecto fixemos unha parada para tomar a merenda.


Apareceron tamén pola senda varios ciclistas e corredores a quen aplaudíamos o seu paso.
A relación cos compañeiros e compañeiras do colexio de Laredo foi moi boa.
Esta actividade pareceunos moi interesante, divertida e enriquecedora e gustaríanos recomendala para o curso que ven para os compañeir@s que quedan no colexio.

Agradecémoslle tamén ao pai da nosa compañeira Carmen (Carlos)  por acompañarnos nesta experiencia. 

lunes, 23 de abril de 2012

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Hoxe , día 23 de abril (Día Mundial do libro), fumos as aulas de 1º e 2º de Educación Primaria;
para ler un conto os cativos. 
Alguns de nos opinamos sobre a actividade:
Xoán: O meu conto baseabáse no reciclase e expliqueille a unha nena (Laura-de 1º) algúns dos aspectos que non entendía
Xavi: Para min foi moi entretido e coido que todos os colexios deberían facer esta experiencia.
Javi: Gustoulle moito o conto pero algunhas das preguntas que lle fixen non se acordaba e tiven que recordarllo.
Laura: A mín personalmente gustame a lectura e polo tanto gustoume lerlle un conto e pido repetir esta experiencia.
Noé: Foi divertido porque o neno aprendeu e estivo moi atento.
Samu: Tivome moito respeto e atendeu dende o principio
Yara: O conto era da bliblioteca e o neno a quen llo ensinei era moi curioso
Ania: A meu neno gustaronlle os debuxos e preguntabame cousas acerca deles 
Aqui tedes algunhas das fotos da experencia















viernes, 20 de abril de 2012

Día Mundial do Medio Ambiente


O día 22 de Abril celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente e Desenvolvemento.
Foi promulgado pola Asamblea Xeral da ONU.
Nós podemos contribuir no coidado do noso planeta: 

Aforrando auga.

Reciclando segundo os materiais.

Desconectar da rede eléctrica aqueles aparellos que non estén en funcionamento.

Utilizar focos de baixo consumo.

Desplazarse en servicios públicos.

Manter limpos os lugares onde estemos.

Non facer fogatas nos bosques.

Reciclado do aceite usado e non botalos polo sumidoiro.

Grazas pola túa colaboración.

Asinado: A Natureza




Video da Natureza

martes, 27 de marzo de 2012

SEMANA DA POESÍA

Os alumn@s de 6º fixemos na semana da poesía, unhas fermosas creacións.
É que somos uns verdadeiros poet@s.
Se queredes ler as nosa poesias, clicade neste enlace: As nosas propias poesías.

viernes, 23 de marzo de 2012

A visita dos nenos de 4º de Primaria

O día 13 de Marzo invitamos aos compañeir@s de 4º de Primaria para explicarlles en que consiste o Proxecto ABALAR.
Como para o curso que ven eles van a estrearse, ensinamoslle un pouco o que temos feito ata a data. Tendo como sempre a axuda da nosa coordinadora de TICS: Emilia.
Quedaron abraiados... é que nós, somos uns expertos!!!!
Aqui vos mostramos as fotos tomadas nese día.














Os nosos circuítos eléctricos

Os circuítos eléctricos estan formados por varios elementos conectados entre si polos que circula a corrente eléctrica. Estes elementos son: xerador, cables, lámpadas ou motores eléctricos e interruptores.
Para que circule a corrente por un circuíto, este debe estar pechado.
Os nenos e nenas de 6º de Primaria fixemos boa mostra deles.











viernes, 9 de marzo de 2012

Un blog, unha árbore

O noso blogue súmase a iniciativa de Geniale, unha oferta por internet que recolle o CPI de Panxón. Este ten como obxectivo anular as emisión de dióxido de carono que emiten os servidores de almacenamento e publicacións dos nosos blogues.
Se queres saber máis pincha neste enlace. "Mi blog es de CO2 neutral"

jueves, 8 de marzo de 2012

8 Marzo !!!


O Día Internacional Da Muller Traballadora, conmemórase o 8 de marzo, celébrase en todo o mundo. Conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.

As súas raíces afunde na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, unha muller chamada Lisístrata iniciou unha folga sexual contra os homes co fin de rematar a guerra; en Francia e durante a Revolución Francesa baixo o lema :”liberdade, igualdade e fraternidade”, as parisienses marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino. ( o dereito a votar)
No século XIX surxe propiamente a idea do Día Internacional da Muller Traballadora.


CRONOLOXÍA
1909:
O día 28 de febreiro celébrase en tódolos Estados Unidos este día, baseado nunha declaración do partido Socialista.

1910:
En Copenhaguen, a Internacional Socialista proclama o día da muller, en favor do,s dereitos de esta incluíndo o dereito ao voto. Foi aprobada por máis de 100 mulleres de máis de 17 países.


1911:
Celébranse mitins en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. Neles esixían dereito ao voto, ocupar cargos públicos, dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.

1913-1914:
Fanse protestas en vésperas da primeira guerra mundial e o 8 de marzo esíxese a paz

1917:
Ante as protestas das mulleres rusas polo número de mortos durante a guerra, o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto.
O crecente movemento internacional da muller reforzado polas Nacións Unidas, fai que esta conmemoración sexa causa de actividades en favor dos dereitos da muller e a súa participación na vida política e económica.


Preme aqui para ver o vídeo realizado polo IES de Melide

Día Internacional da Muller Traballadora

Aqui tedes un Spot




viernes, 24 de febrero de 2012

Así foi o noso entroido

Para celebrar o Entroido este ano, os nenos e nenas de 5º e 6º disfrazámonos de tunos; e desfilamos polas rúas de Chapela, acompañados polos compañeiros doutros cursos.
Fixemos o noso particular Camiño de Santiago; cantando "Clavelitos" e o noso particular "Ai, si me canso"
(Peregrinos a Compostela).
 Aquí tedes algunhas das fotos.
Preparando os nosos disfraces e cumprindo as ordes do Meco.
Aquí vedes que estamos con algúns dos nenos doutros cursos e algunha profe.

Despois a comilona!!!!!!!!!!!!!






E o noso paseiño polas rúas

175 Anos do nacemento de Rosalia de Castro

Negra sombra é un poema de Rosalía de Castro (1837 - 1885).
A finais do século XIX outro galego, Xoán Montes Capón, combinou o poema coa música
e fixo así unha das cancións máis emblemáticas de Galiza.

A versión de Luz Casal podese escoitar na película "Mar adentro".
Para ver o fragmento da película fai clic aquí



Para acompañala no seu canto, aquí tedes a letra do poema "Negra sombra"

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran,
es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixarás ti nunca,
sombra que sempre me asombras.
Nin me deixarás ti nunca
sombra que sempre me asombras