Vistas de página en total

lunes, 23 de abril de 2012

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Hoxe , día 23 de abril (Día Mundial do libro), fumos as aulas de 1º e 2º de Educación Primaria;
para ler un conto os cativos. 
Alguns de nos opinamos sobre a actividade:
Xoán: O meu conto baseabáse no reciclase e expliqueille a unha nena (Laura-de 1º) algúns dos aspectos que non entendía
Xavi: Para min foi moi entretido e coido que todos os colexios deberían facer esta experiencia.
Javi: Gustoulle moito o conto pero algunhas das preguntas que lle fixen non se acordaba e tiven que recordarllo.
Laura: A mín personalmente gustame a lectura e polo tanto gustoume lerlle un conto e pido repetir esta experiencia.
Noé: Foi divertido porque o neno aprendeu e estivo moi atento.
Samu: Tivome moito respeto e atendeu dende o principio
Yara: O conto era da bliblioteca e o neno a quen llo ensinei era moi curioso
Ania: A meu neno gustaronlle os debuxos e preguntabame cousas acerca deles 
Aqui tedes algunhas das fotos da experencia















No hay comentarios:

Publicar un comentario