Vistas de página en total

martes, 27 de marzo de 2012

SEMANA DA POESÍA

Os alumn@s de 6º fixemos na semana da poesía, unhas fermosas creacións.
É que somos uns verdadeiros poet@s.
Se queredes ler as nosa poesias, clicade neste enlace: As nosas propias poesías.

viernes, 23 de marzo de 2012

A visita dos nenos de 4º de Primaria

O día 13 de Marzo invitamos aos compañeir@s de 4º de Primaria para explicarlles en que consiste o Proxecto ABALAR.
Como para o curso que ven eles van a estrearse, ensinamoslle un pouco o que temos feito ata a data. Tendo como sempre a axuda da nosa coordinadora de TICS: Emilia.
Quedaron abraiados... é que nós, somos uns expertos!!!!
Aqui vos mostramos as fotos tomadas nese día.














Os nosos circuítos eléctricos

Os circuítos eléctricos estan formados por varios elementos conectados entre si polos que circula a corrente eléctrica. Estes elementos son: xerador, cables, lámpadas ou motores eléctricos e interruptores.
Para que circule a corrente por un circuíto, este debe estar pechado.
Os nenos e nenas de 6º de Primaria fixemos boa mostra deles.











viernes, 9 de marzo de 2012

Un blog, unha árbore

O noso blogue súmase a iniciativa de Geniale, unha oferta por internet que recolle o CPI de Panxón. Este ten como obxectivo anular as emisión de dióxido de carono que emiten os servidores de almacenamento e publicacións dos nosos blogues.
Se queres saber máis pincha neste enlace. "Mi blog es de CO2 neutral"

jueves, 8 de marzo de 2012

8 Marzo !!!


O Día Internacional Da Muller Traballadora, conmemórase o 8 de marzo, celébrase en todo o mundo. Conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.

As súas raíces afunde na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, unha muller chamada Lisístrata iniciou unha folga sexual contra os homes co fin de rematar a guerra; en Francia e durante a Revolución Francesa baixo o lema :”liberdade, igualdade e fraternidade”, as parisienses marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino. ( o dereito a votar)
No século XIX surxe propiamente a idea do Día Internacional da Muller Traballadora.


CRONOLOXÍA
1909:
O día 28 de febreiro celébrase en tódolos Estados Unidos este día, baseado nunha declaración do partido Socialista.

1910:
En Copenhaguen, a Internacional Socialista proclama o día da muller, en favor do,s dereitos de esta incluíndo o dereito ao voto. Foi aprobada por máis de 100 mulleres de máis de 17 países.


1911:
Celébranse mitins en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. Neles esixían dereito ao voto, ocupar cargos públicos, dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.

1913-1914:
Fanse protestas en vésperas da primeira guerra mundial e o 8 de marzo esíxese a paz

1917:
Ante as protestas das mulleres rusas polo número de mortos durante a guerra, o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto.
O crecente movemento internacional da muller reforzado polas Nacións Unidas, fai que esta conmemoración sexa causa de actividades en favor dos dereitos da muller e a súa participación na vida política e económica.


Preme aqui para ver o vídeo realizado polo IES de Melide

Día Internacional da Muller Traballadora

Aqui tedes un Spot