Vistas de página en total

viernes, 24 de febrero de 2012

Así foi o noso entroido

Para celebrar o Entroido este ano, os nenos e nenas de 5º e 6º disfrazámonos de tunos; e desfilamos polas rúas de Chapela, acompañados polos compañeiros doutros cursos.
Fixemos o noso particular Camiño de Santiago; cantando "Clavelitos" e o noso particular "Ai, si me canso"
(Peregrinos a Compostela).
 Aquí tedes algunhas das fotos.
Preparando os nosos disfraces e cumprindo as ordes do Meco.
Aquí vedes que estamos con algúns dos nenos doutros cursos e algunha profe.

Despois a comilona!!!!!!!!!!!!!






E o noso paseiño polas rúas

175 Anos do nacemento de Rosalia de Castro

Negra sombra é un poema de Rosalía de Castro (1837 - 1885).
A finais do século XIX outro galego, Xoán Montes Capón, combinou o poema coa música
e fixo así unha das cancións máis emblemáticas de Galiza.

A versión de Luz Casal podese escoitar na película "Mar adentro".
Para ver o fragmento da película fai clic aquí



Para acompañala no seu canto, aquí tedes a letra do poema "Negra sombra"

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran,
es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixarás ti nunca,
sombra que sempre me asombras.
Nin me deixarás ti nunca
sombra que sempre me asombras