Vistas de página en total

viernes, 15 de junio de 2012

COÑECE ANTES DE XUZGAR.

Temos unha mala costume: xuzgar as persoas e as cousas pola súa apariencia. As veces vemos a portada dun libro e dicimos: non me gusta!, sin lelo primeiro. Iso mesmo pásanos coas persoas.
Hai que coñecer antes de xuzgar. Este video é unha proba.

Fai clic neste enlace:
http://tito-figueroa.com/nunca-juzgar-antes-de-tiempo-jonathan-and-charlotte/

jueves, 14 de junio de 2012

PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS.

Onte na televisión  apareceu unha boa noticia .Concedíase o premio Principe de Asturias as dúas ONG.
Unha é  a Cruz Vermella , e outra é a Media  Lúa Vermella .Ambalas dúas están presente en 187 países
repartindose unha gran laboura humanitaria: paliar a  hambruna no mundo  é socorrer as necesidades que producese nalgunhas zonas bélicas . 
Hoxe en día cóntase con 100.000 voluntarios repartidos por todo o mundo .
O premio consiste dunha dotación de 50.000 €.
NORABOA!!!!!!!!!!!!



miércoles, 13 de junio de 2012

ESTAMOS A REMATAR A PRIMARIA.



Xa queda moi pouquiño  para rematar a Primaria.
O día 22 temos o festival de final de curso .
Faremos un paso moi importante e cheo de aventuras
onde coñeceremos máis nenos e nenas que teran
tantas ilusións como nós.
Botaremos de menos este colexio, que
sempre o sentiremos como noso.






martes, 5 de junio de 2012

Coidando o Medio Ambiente

Hoxe 5 de Xuño celébrase o día mundial do Medio Ambiente que cumpre, 40 anos.
Nas nosas mans está o futuro do noso fogar: Planeta Terra.
Pero o coidado do noso medio empeza pola nosa casa e se nos concienciamos o extenderemos ao resto do planeta.
Temos que ter conta e levar a cabo estas 10 normas para conservar o medio ambiente :
1º-Disminuir o calentamento global (evitando incendios, sequias, contaminacións, utilizando máis as enerxías renovables, reciclando...para evitar o efecto invernadoiro).
2º-Evitar a contaminación (reducir gases, vertidos , residuos, lixo, usar máis o transporte público e o reciclado).
3º-Impedir a deforestación (no deixando papeis e vidro no campo para evitar incendios ):
4º-Reducir as sequias(non malgastar auga-e mellor unha ducha que o baño).
5º-Actuar contra as extincións de prantas, protexiendo os espacios naturais .
6º-Actuar contra as extincións de animais.
7º-Reciclado, separando plásticos, papeis, vidro e lixo orgánico para loitar contra a contaminación.
8º-Utilizar máis as enerxias renovables (vento, sol e auga);contaminan menos.
9º-Investigar posibles solucións e propostas para colaborar ainda máis co medio ambiente.
10º-Axudar.Todos xuntos podemos colaborar.