A finais do século XIX outro galego, Xoán Montes Capón, combinou o poema coa música
e fixo así unha das cancións máis emblemáticas de Galiza.
A versión de Luz Casal podese escoitar na película "Mar adentro".
Para ver o fragmento da película fai clic aquí.
Para acompañala no seu canto, aquí tedes a letra do poema "Negra sombra"
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran,
es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixarás ti nunca,
sombra que sempre me asombras.
Nin me deixarás ti nunca
sombra que sempre me asombras
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran,
es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixarás ti nunca,
sombra que sempre me asombras.
Nin me deixarás ti nunca
sombra que sempre me asombras
No hay comentarios:
Publicar un comentario