Saímos do colexio o día 18 de maio, ás 9.30, 4º, 5º e 6º de primaria; xunto cos de 5º e 6º do colexio Laredo. Acompañáronnos tres profesoras do noso cole: Marina, Mar e Chus e doutro cole, catro. Ao saír, o noso primer obstáculo: subir unha pendente de 100 metros. Ao chegar; algúns atopáronse xa cansos e aínda faltábannos 11 quilómetros... uff!
A senda que percorrimos estaba chea de variada vexetación, moitos manantiais e algún amigo inesperado (o can). Dende a nosa senda poidemos contemplar unhas paisaxes incribles (que bela é a nosa ría).
Fixemos durante o camiño fichas de observación e fotos que acompañan a este traballo.
Durante o traxecto fixemos unha parada para tomar a merenda.
Apareceron tamén pola senda varios ciclistas e corredores a quen aplaudíamos o seu paso.
A relación cos compañeiros e compañeiras do colexio de Laredo foi moi boa.
Esta actividade pareceunos moi interesante, divertida e enriquecedora e gustaríanos recomendala para o curso que ven para os compañeir@s que quedan no colexio.
Agradecémoslle tamén ao pai da nosa compañeira Carmen (Carlos) por acompañarnos nesta experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario