Vistas de página en total

jueves, 8 de marzo de 2012

8 Marzo !!!


O Día Internacional Da Muller Traballadora, conmemórase o 8 de marzo, celébrase en todo o mundo. Conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.

As súas raíces afunde na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, unha muller chamada Lisístrata iniciou unha folga sexual contra os homes co fin de rematar a guerra; en Francia e durante a Revolución Francesa baixo o lema :”liberdade, igualdade e fraternidade”, as parisienses marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino. ( o dereito a votar)
No século XIX surxe propiamente a idea do Día Internacional da Muller Traballadora.


CRONOLOXÍA
1909:
O día 28 de febreiro celébrase en tódolos Estados Unidos este día, baseado nunha declaración do partido Socialista.

1910:
En Copenhaguen, a Internacional Socialista proclama o día da muller, en favor do,s dereitos de esta incluíndo o dereito ao voto. Foi aprobada por máis de 100 mulleres de máis de 17 países.


1911:
Celébranse mitins en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. Neles esixían dereito ao voto, ocupar cargos públicos, dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.

1913-1914:
Fanse protestas en vésperas da primeira guerra mundial e o 8 de marzo esíxese a paz

1917:
Ante as protestas das mulleres rusas polo número de mortos durante a guerra, o goberno provisional concedeu ás mulleres o dereito de voto.
O crecente movemento internacional da muller reforzado polas Nacións Unidas, fai que esta conmemoración sexa causa de actividades en favor dos dereitos da muller e a súa participación na vida política e económica.


Preme aqui para ver o vídeo realizado polo IES de Melide

Día Internacional da Muller Traballadora

Aqui tedes un Spot




No hay comentarios:

Publicar un comentario