Vistas de página en total

martes, 5 de junio de 2012

Coidando o Medio Ambiente

Hoxe 5 de Xuño celébrase o día mundial do Medio Ambiente que cumpre, 40 anos.
Nas nosas mans está o futuro do noso fogar: Planeta Terra.
Pero o coidado do noso medio empeza pola nosa casa e se nos concienciamos o extenderemos ao resto do planeta.
Temos que ter conta e levar a cabo estas 10 normas para conservar o medio ambiente :
1º-Disminuir o calentamento global (evitando incendios, sequias, contaminacións, utilizando máis as enerxías renovables, reciclando...para evitar o efecto invernadoiro).
2º-Evitar a contaminación (reducir gases, vertidos , residuos, lixo, usar máis o transporte público e o reciclado).
3º-Impedir a deforestación (no deixando papeis e vidro no campo para evitar incendios ):
4º-Reducir as sequias(non malgastar auga-e mellor unha ducha que o baño).
5º-Actuar contra as extincións de prantas, protexiendo os espacios naturais .
6º-Actuar contra as extincións de animais.
7º-Reciclado, separando plásticos, papeis, vidro e lixo orgánico para loitar contra a contaminación.
8º-Utilizar máis as enerxias renovables (vento, sol e auga);contaminan menos.
9º-Investigar posibles solucións e propostas para colaborar ainda máis co medio ambiente.
10º-Axudar.Todos xuntos podemos colaborar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario